Colabora con nós

Que significa facerse socio/a:

 

Facéndote socio/a colaborador/a, axudarás a Discafis-Cogami a continuar as súas actividades coas asociacións e persoas con discapacidade. Traballamos na prestación de servizos sociosanitarios, transporte adaptado, eliminación de barreiras, sensibilización etc. Todo elo para lograr a integración do colectivo na sociedade, e grazas a túa colaboración estarás axudando a que esto sexa posible.

 

Como socio colaborador poderás recibir, se o desexas, información sobre as actividades que facemos, e ao ser unha entidade declarada de Utilidade Pública poderás acollerte as vantaxes fiscais para doazóns.

 

 

Preme no seguinte enlace para descargar o modelo para facerte socio/a

 

Modelo ficha socio/a

Galego