Programas

- Programa de servicios especializados: de atención sociosanitaria a persoas con discapacidade. Prestamos os servicios de logopedia, educación social, terapia ocupacional e transporte adaptado para acercar ás persoas con mobilidade reducida ou incapacidade para utilizar o transporte público ó centro para recibir as diferentes terapias que prestamos tanto desde  a Federación como desde outras entidades membro. Con estes programas pretendemos mellorar a calidade de vida das persoas con discapacidade tanto no centro onde desenvolvemos a maior parte dos servizos como acercándonos de forma itinerante as zonas rurais onde temos entidades membro.
COFINANCIADORES: Concello de Ourense, Deputación de Ourense, Xunta de Galicia, Fondo Social Europeo
- Información e sensibilización: Por un lado dáse resposta ás dúbidas de persoas e familiares con discapacidade asà como a sociedade en xeral. Por outro lado impártense diferentes charlas de sensibilización e prevención de lesións medulares, sobre todo con escolares. Con elo acercamos á realidade do colectivo ós máis xoves e damos a coñecer factores de risco que poidan levar á discapacidade.
- Préstamo de axudas técnicas: Contamos con grúas eléctricas que se ceden a persoas con gran discapacidade, de forma temporal. Con elo queremos axudar ó coidador principal nas tarefas diarias sobre todo de transferencias.
- Eliminación de barreiras arquitectónicas: Información e derivación ó departamento de accesibilidade de Cogami no seu caso. Se denuncian as barreiras que se detectan ou nos fan chegar as persoas con discapacidade. Â
- Voluntariado: Os voluntarios participan no programa de accesibilidade. Tamén contamos cun voluntario que nos acompaña nas charlas de prevención de lesións medulares.
- Xestión económica a entidades membro: Para aquelas entidades que non teñen persoal suficiente, dende a federación se leva unha contabilidade oficial. O financiador desta actividade é o Fondo Social Europeo
Â
Â
Galego