Programas

PROGRAMAS
 
 
SERVIZO DE INFORMACIÓN, ASESORAMENTO E ORIENTACIÓN

Información Xeral a persoas con discapacidade e persoas coidadoras sobre axudas económicas, certificado de discapacidade, accesibilidade, recursos públicos e servizos dispoñibles para a discapacidade, formación e lecer.

Asesoramento xurídico.

Xestión de recursos. 

SERVIZO DE APOIO AO MOVEMENTO ASOCIATIVO

Información e asesoramento a entidades membro.

Envío de circulares informativas.

Asesoramento xurídico e laboral.

Asesoramento e apoio na elaboración e xustificación de proxectos.

PROGRAMA DE SERVIZOS ESPECIALIZADOS

Sendo os máis demandados polas entidades membro, inclúen:

Servizo de logopedia para previr, detectar e explorar os trastornos da voz, da audición, da fala, da linguaxe oral e escrita e da deglución e a adaptación ou readaptación das persoas que padecen algunha alteración

Servizo de transporte adaptado para garantir a accesibilidade das persoas usuarias aos diferentes servizos que se prestan. Cóntase cun vehículo adaptado que realiza a diario rutas no Concello de Ourense para que as persoas poidan asistir aos servizos que ofrece a Federación.

PROGRAMA DE PRÉSTAMOS DE AXUDAS TÉCNICAS

Ten por obxectivo prestar apoio á persoa coidadora principal nas tarefas de mobilización das persoas con maior dependencia.

O servizo contempla maiormente o préstamo de guindastres eléctricos para a mobilización de persoas con mobilidade reducida.

PROGRAMA DE ELIMINACIÓN DE BARREIRAS

Ofrece información xeral sobre accesibilidade, axudas para a eliminación de barreiras e produtos de apoio.

Denuncia sobre barreiras existentes para a súa eliminación e concienciación sobre a necesidade.

PROGRAMA DE LECER

Defendemos a necesidade de que as persoas con maiores dificultades poidan acceder en igualade de condicións ao lecer e cultura.

Desenvolvemos apoios, servizos e actividades encamiñas a tal fin.

Traballamos aspectos das relacións sociais, a participación na comunidade coñecer xeografía e cultura de Galicia, así como o respiro das persoas coidadoras e familiares.

 

 

Galego