CHARLAS DE SENSIBILIZACIÓN

Image: 
Undefined
Body: 

A Federación de Asociacións de Persoas con Discapacidade de Ourense (Discafis-Cogami) realizou charlas de sensibilización sobre a discapacidade nos colexios de Boborás e O Irixo. Impartíronse a ciclos de infantil e primaria e as charlas contaron cun membro da xunta directiva da Asociación Asdifica, que lles presentou o seu día a día como persoa cunha discapacidade física. Estas charlas únense as xa dadas en no colexio de Castro Caldelas, acercando así a realidade das persoas con discapacidade as zonas rurais da provincia. Chegouse a mais de 200 alumnos no que levamos de ano

imaxe2: