Misión

Dende o momento da súa constitución en1989, Discafis COGAMI vén traballando na implantación da súa misión a través do desenvolvemento dun dobre papel:

 Político e representativo   colaborando con diferentes administracións a todos os niveis na implementación de políticas e accións relacionadas coas persoas con discapacidade, participando con outras organizacións a través de toda Europa  e representando ás súas entidades membros ante as administracións.

Como provedor de servizos para persoas con discapacidade, familias, sociedade e asociacións   información e asesoramento, formación, intermediación laboral, lecer e tempo libre, voluntariado, apoio á asistencia persoal, rehabilitación, fomento da autonomía persoal, transporte adaptado, apoio na xestión e fortalecemento de asociacións....

Galego