A Federación
A FEDERACIÓN
DISCAFIS-COGAMI (Federación de Asociacións de Persoas con Discapacidade de Ourense) é unha entidade sen ánimo de lucro constituÃda no ano 1989 e declarada de utilidade pública, que ten como misión promover e coordinar a defensa dos dereitos das persoas con discapacidade de cara á súa plena integración a través de diferentes servizos para facilitar a súa inclusión na sociedade.
Para o logro da nosa misión desenvolvemos servizos que dan resposta ás necesidades e expectativas das persoas con discapacidade, e traballamos en prol da dinamización do movemento asociativo.
Na busca da excelencia dos servizos prestados, DICAFIS-COGAMI comeza o ano 2007 a implantación dun sistema de xestión da calidade baseado nos seguintes principios:
liderado, orientación aos principais grupos de interese da entidade, participación do persoal, xestión por procesos, enfoque de sistema para a xestión, mellora continua, enfoque baseado en feitos para a toma de decisións e relacións mutuamente beneficiosas cos principais provedores da entidade.
Mira os nosos estatutos neste enlace:Â Estatutos Discafis Cogami
Discafis COGAMI conta con 16 entidades membro na provincia:
- AIXIÑA (Asociación de Minusválidos FÃsicos, Parálise Cerebral e Terceira Idade)
- ALCER Ourense (Asociación para a Loita contra as Enfermedades Renais)
- AODEMPER (Asociación Ourensana de Esclerosis Múltiple, Párkinson e Enfermedades Raras)
- AGADHEMO (Asociación Galega de Hemofilia)
- AGAL (Asociación Galega de Lupus)
- ACCU (Asociación de Enfermos de Crohn e Colitis Ulcerosa)
- AFFOU (Asociación de Fibromialxia e Fatiga Crónica de Ourense)
- ASDIFICA (Asociacion de Discapacitados FÃsicos de Carballiño e Comarca)
- ASEM (Asociación gallega contra las Enfermedades Neuromusculares)
- PUZZLE (Asociación para a loita contra a exclusión social e laboral das persoas con discapacidade)
- ALGARIA (Asociación de Persona con Discapacidad de la Comarca de A Limia)
- DISVALIA (Asociación de Persoas con Discapacidade de Valdeorras Asociadas)
- ACADAR (Asociación de Mujeres con Discapacidad de Galicia)
- ASOTRAME (Asociación Gallega de Trasplantados de médula ósea)
- AGL (Asociación Gallega de Linfedema, Lipedema, Insuficiencia Venosa Crónica y otras PatologÃas Vasculares Periféricas)
- HEMOURENSE (Asociación Ourensana de Hemofilia)
Â
Discafis COGAMI tamén está:
Inscrita na Sección 2ª do Rexistro Xeral de Asociacións co nº 9 de la Delegación Provincial de Ourense de la ConsellerÃa de Xustiza, Interior e Relaciones Laborais.
Inscrita no Rexistro da Xunta de Galicia, ConsellerÃa de Traballo e Benestar con el nº: E- 172.
Inscrita como Entidade de Acción Voluntaria co nº O-154.
Foi declarada de Utilidade Pública por orde de 2 de xullo de 2012 da ConsellerÃa de Presidencia, Administración Pública e Xustiza.
Está adscrita á lei 49/2002 de réxime fiscal das entidades sen fins de lucro e dos incentivos ao patrocinio.