Resolución da Convocatoria da Deputación de Ourense para proxectos de servizos sociais 2022

A Deputación de Ourense, a través das subvencións para proxectos de prestación de servizos sociais para o ano 2022, financia o noso Proxecto de Atención Integral a Persoas con Discapacidade na Provincia de Ourense. Máis info https://bit.ly/3aQnDJW

Undefined

CHARLAS DE SENSIBILIZACIÓN

A Federación de Asociacións de Persoas con Discapacidade de Ourense (Discafis-Cogami) realizou charlas de sensibilización sobre a discapacidade nos colexios de Boborás e O Irixo. Impartíronse a ciclos de infantil e primaria e as charlas contaron cun membro da xunta directiva da Asociación Asdifica, que lles presentou o seu día a día como persoa cunha discapacidade física. Estas charlas únense as xa dadas en no colexio de Castro Caldelas, acercando así a realidade das persoas con discapacidade as zonas rurais da provincia. Chegouse a mais de 200 alumnos no que levamos de ano

Undefined