DISCAFIS-COGAMI é a Federación Provincial de Asociacións de Discapacitados Físicos da Provincia de Ourense, a cal foi constituída no ano 1989 polas Asociacións AUXILIA, ALCER e AGADHEMO, co fin de dar solución á problemática que padece o colectivo de persoas con minusvalía.
É membro da Confederación Coordinadora Estatal de Minusválidos Físicos de España (COCEMFE).
O 22 de abril de 1.990, participa, xunto coas Federaciones Provinciais de Minusválidos Físicos de Pontevedra e A Coruña, na constitución da Confederación Gallega de Discapacitados (COGAMI).
Dende o ano 1990, en que pasou a ser membro fundador da COGAMI ata agora, ten un crecemento, tanto no número de entidades asociadas como en actividades de implantación e está en constante desarrollo, tanto en iniciativas, como en prestacións que ven realizando; non só para os seus socios/as, senón que pretende chegar á totalidade da poboación minusválida da provincia de Ourense na que desarrolla a súa labor.
A Federación obtivo en 2008 o certificado de calidade UNE-EN ISO 9001:2000 co que queremos mellorar o noso traballo e rendemento.
Na actualidade DISCAFIS-COGAMI está composta por doce asociacións engloban a 1003 persoas con discapacidade, o que lle confire un gran grao de representatividade do movemento asociativo de persoas con discapacidade en Ourense, dando unha cobertura indirecta a unhas 3.000 persoas na Provincia, incluíndo a familiares e/ou coidadores.
Está vostede en A Federación