DIA INTERNACIONAL DA MULLER 2017

Discafis-Cogami participou, xunto con outras entidades sociais, na lectura do Maniffesto polo Dia Internacional da Muller no Concello de Ourense.

Dende aquí nos sumamos ao manifesto da Asociación Acadar (Asociación de Mulleres con Discapacidade de Galicia)

Agradecemos a participación de todas as asistentes.

Deixamos o link para que poidades acceder ao manifesto de Acadar

Undefined

A educación social no rural

Dende o servizo de educación social da Federación se está traballando dende setembro de 2016 pola dinamización das asociacións da zona rural da provincia. Este servizo traballa pola sensibilización da discapacidade na área rural, e tamén por aumentar a autonomía das persoas con discapacidade e as opcións de lecer adaptadas.

Undefined

Subvención do Concello de Ourense para a Federación

O Ilmo Concello de Ourense concedeu para o mantemento do Proxecto de Servizos Especializados e os seus servizos unha subvención de 17.894€ que está dentro da convocatoria de axudas a entidades e asociacións sen ánimo de lucro en materia de Servizos Sociais para 2016.

Así actividades como sensibilización, logopedia, transporte adaptado, traballo social ou préstamo de axudas técnicas darán cobertura dunha forma global ás necesidades das persoas con discapacidade do Concello de Ourense

Undefined

Risco de pobreza en persoas con discapacidade

O observatorio Estatal de Discapacidade indica que mais de millón e medio d epersoas con discapacidade están en risco de pobreza.

O desemprego afecta mais a este colectivo, o cal destina parte dos seus ingresos para tratamentos médicos.

podedes ver a noticia no link http://www.cocemfe.es/portal/

Undefined

EXCURSION A LUGO

Discafis-Cogami organizou unha saída de lecer para as persoas do medio rural, coa colaboraicón da Fundación Mapfre. Nesta ocasión participaron persoas das comarcas de Carballiño e Xinzo de Limia.

Undefined

CUIDADORES DE FAMILIARES DEPENDENTES

Só un de cada dez coidadores familiares de dependentes cotiza a seguridade social.

Os afiliados deste colectivo reduxéronse un 86%, como consecuencia dos cambios que se están a facer nos presupostos da lei de promoción de autonomía persoal, onde a aportación do Estado se reduxo de forma considerable.

Podedes ler a noticia no link http://www.farodevigo.es/galicia/2016/10/17/diez-cuidadores-familiares-dependientes-cotiza/1552497.html

Undefined

Axudas técnicas para os lesionados medulares

Undefined

A Fundación de Lesionado Medular (FLM) conta cunha impresora 3D para a fabricación de productos de apoio qeu faciliten a autonomía e indepencia das persoas con lesión medular.

Podedes ver a noticia no enlace:

http://www.infosalus.com/asistencia/noticia-impresora-3d-fabricar-productos-apoyo-lesionados-medulares-20161006150810.html

EDUCACIÓN SOCIAL PARA AS ENTIDADES DO RURAL

Coa fin de dinamizar a vida asociativa no medio rural, dende a federación se pon en marcha o servizo itinerante de educación social. Este servizo, procedente da subvención da consellería de economía, emprego e industria, está financiado polo FSE e pola Xunta de Galicia e terá unha duración de 7 meses. Se farán actividades de atención, sensibilización e dinamización para aumentar a visibilidade da discapacidade no rural así como a mellora no día a día das persoas con discapacidade nestas zonas.

Undefined

SUBVENCIÓN DA DEPUTACIÓN DE OURENSE PARA DISCAFIS-COGAMI

A Deputación de Ourense resolveu a convocatoria de subvencións para proxectos de prestacións de servizos sociais deste ano 2016.

Unha vez mais, esta Federación contará co apoio da Deputación para o "Proxectos de Servizos Especializados" Con este proxecto pretendemos aportar ás persoas con discapacidade da provincia diferentes servizos e recursos que melloren o seu dia a día, e coa colaboración da deputación, lle daremos continuidade un ano mais a ditos servizos e actividades.

 

Undefined

PARTICIPACIÓN GAVEA 2016

Undefined

Participamos no Programa Gavea 2016. Gracias a colaboración da Fundación Mapfre poidemos disfrutar dun paseo en barco pola zona de Ares vendo os fermosos pobos da zona costeira, bateas e unha boa compañía, cambiando por un día o calor ourensán pola agradable temperatura da costa galega.

Repetiremos!

Páxinas