Transporte adaptado con La Caixa

Grazas a financiación de La Caixa, manterase o servizo de transporte adaptado de Discafis-Cogami ata final de ano. A entidade bancaria financia a contratación dun conductor para o servizo para este último trimestre do ano.

O servizo atende semanalmente a mais de 20 persoas, facilitando que poidan acudir a diferentes terapias que presta a Federación e asociacións membro na nosa sede social.

Undefined

Xestión económica a través de Cooperación de Garantía Xuvenil

A través da Consellería de Economía, Emprego e Industria, e cofinanciado polo FSE, empezamos o servizo de xestión económica a entidades sen ánimo de lucro, a través do Programa Operativo de Emprego xuvenil.

Cunha duración de 7 meses o servizo levará a contabilidade oficial das entidades da Federación qeu o soliciten, facilitando axuda para a tramitación de subvencións e a súa xustificación asi como ensinar conceptos básicos as directivas sobre contabilidade en entidades sen ánimo de lucro.

Undefined

TARXETA AA

Esta tarxeta ten como finalidade acelerar a atención a pacientes con determinadas enfermidades (coma espectro autista, alzheimer ou parálisis cerebral) en urxencias ou determinadas probas dentro do posible, e permite que o/a paciente poida estar acompañado.

Solicítase no centro de saúde presentando a tarxeta sanitaria do paciente mais un impreso que darán no centro de saúde.

Undefined

Préstamo de Axudas Técnicas

Cuidando ao cuidador.

Dentro dos servizos que presta a Federación, contamos coa cesión de axudas técnicas para axudas as persoas mais dependentes a permanecer no seu fogar.

Contamos con grúas eléctricas que facilitan a mobilización das persoas por partes dos familiares e/ou coidadores, o que favorece que estes non vexan mermada a súa saúde polo esforzo que supón unha mobilizaicón ao mesmo tempo qeu permite que unha persoa dependente poida estar mais tempo levantado.

Undefined

SAIDA "SEN AMARRAS" EN TUI

No pasado mes de xullo participamos na actividade nautica adaptada de Sen Amarras, en Tui. Coa asociacion Vontade, persoas de diferentes asociacións de Discafis-Cogami puideron navegar en duas embarcacións adaptadas dende Goian ata Tui. É importante poder participar de forma normalizada en actividades de lecer, como medio de integración, socialización e de instumento para coñecer outras realidades mais alá do entorno mais próximo.

Undefined

Escola de Enerxia Fundación Gas Natural Fenosa

Hoxe puidemos aprender mais sobre a factura de luz e gas, aforro doméstico, tramitación do bono social etc grazas a Fundación GasNatural Fenosa que ofreceu na sede social unha charla.

O bono social pode supor un desconto do 25% ou 40% para consumidores vulnerables ou vulnerables serveros.

Entre os beneficiarios están as persoas con discapacidade, pensionistas mínimos, familias numerosoas ou familias con ingresos baixos.

Para mais información póndevos en contacto cao vosa compañía

Undefined

CHARLAS DE SENSIBILIZACION

Alumnos durante a presentación

Un ano mais dende Discafis-Cogami comezamos a realizar diferentes charlas de sensibilización con escolares. Os obxectivos a traballar son sensibilizar sobre a discapacidade, dar a coñecer a realidade das persoas con discapacidade e fomentar a integración do nenos con discapacidade na vida cotiá. Educando e normalizando dende idades temperás podemos conseguir uns adultos tolerantes.

Undefined

Traballo social para as entidades do rural

A través da Consellería de Economía, Emprego e Industria, e cofinanciado polo FSE, empezamos o servizo de traballo social no rural da provincia de Ourense, a través do Programa Operativo de Emprego xuvenil.

Cunha duración de 7 meses o servizo atenderá demandas sociais das persoas con discapacidade nas áreas rurais da provincia, achegando así esta atención a persoas qeu poden ter difícil contactar coa Federación ou saír do seu ámbito xeográfico.

Undefined

Páxinas