Valores

  • DISCAFIS-COGAMI defínese como unha entidade que carece expresamente de ánimo de lucro, independente e libre, aconfesional, apartidista, non gobernamental, de carácter voluntario e poderá solicitar a súa declaración de utilidade pública.
  • A Federación basea a súa actuación nos seguintes principios e valores:
  • Democracia interna
  • Transparencia na xestión e funcionamento 
  • Defensa das necesidades sociais por encima dos intereses particulares
  • Rexeitar protagonismos e actitudes competitivas
  • A defensa do colectivo como titulares de dereitos
  • A defensa dos dereitos das persoas con discapacidade, evitando mensaxes sentimentalistas e asistenciais
  • A solidariedade, implicación social e cooperación, como medio de defender os intereses sociais por encima dos particulares
  • A mellora continua e a innovación como un medio para lograr a eficiencia
Galego