sensibilización

CHARLAS DE SENSIBILIZACION

Alumnos durante a presentación

Un ano mais dende Discafis-Cogami comezamos a realizar diferentes charlas de sensibilización con escolares. Os obxectivos a traballar son sensibilizar sobre a discapacidade, dar a coñecer a realidade das persoas con discapacidade e fomentar a integración do nenos con discapacidade na vida cotiá. Educando e normalizando dende idades temperás podemos conseguir uns adultos tolerantes.

Undefined

CHARLAS DE SENSIBILIZACIÓN E PREVENCIÓN LESIONS MEDULARES

voluntario de discafis-cogami durante a charla

Discafis-Cogami comezou onte as charlas de sensibilización e prevención de lesións medulares de 2016. Ofrecéronse dúas charlas a alumnos de 3º ESO do IES nº1 de Carballiño, onde se explicou que era a lesión medular e factores de risco que poden levar a unha lesión. Así mesmo, un voluntario da federación cunha lesión medular conta a súa experiencia e anima óso alumnos a ter un comportamento responsable para evitar accidentes que poidan levar a unha lesión medular.

Undefined