DIA INTERNACIONAL DAS PERSOAS CON DISCAPACIDADE

Image: 
Body: 

Neste ano 2020 marcado polo COVID19, a celebración do Día Internacional da Discapacidade celebrámola sobre todo a través das redes sociais, onde se dará visibilidade a discapacdiade. Por unha banda entidades de ourense coma Discafis-Cogami, Renacer, Accu, Aodem, Alcer, Affou, Aixiña, Auria Diabéticos, AECC Ourense, Down Ourense , Por Eles Ourense estamos dentro da plataforma “Baixo o Mesmo Paraugas” conformada por 80 entidades en toda Galicia, e dende onde se pide as Administracións que traballen para garantir os servizos as persoas con discapacidade. 

Por outra banda unímonos ao manifesto do Cermi Galicia o cal solicita estar presentes na reconstrución tras a pandemia do Covid, por ser un dos grupos vulnerables que mais a está sufrindo as consecuencias do mesmo. No enlace que pomos a continuación está o video de Cogami, na súa campaña de 12 chaves pola inclusión das persoas con discapacidade

 

https://www.youtube.com/watch?v=qtM0RtyfbKU&feature=youtu.be

Undefined