DIA NACIONAL DAS PERSOAS CON DISCAPACIDADE

Image: 
Body: 

O pasado 22 de febreiro, o Consello de Ministros do Goberno de España, acollendo unha proposta do CERMI Estatal, declaraba oficialmente a xornada do 3 de maio de cada ano como Día Nacional en España da Convención Internacional sobre os Dereitos da Persoas con Discapacidade de 2006. Esta Convención é o tratado internacional que promove, protexe e asegura os dereitos humanos das persoas discapacidade en todo o mundo. Este ano 2019 é, pois, o primeiro no que se celebra este día oficial, ocasión que o movemento social organizado da discapacidade desexa aproveitar para resaltar a relevancia da Convención como a mellor e máis firme aliada das persoas con discapacidade, mulleres e homes, nenas e nenos, e como o dispositivos xurídico, político e social máis apropiado para facer efectivos os seus dereitos, inclusión e benestar. Interpretar, despregar e aplicar a Convención en clave de ODS e estes en clave de Convención de 2006, redobrarán os efectos de cambio social que necesitan as persoas con discapacidade para lograr contornas, relacións e comunidades plenamente inclusivas, sostibles humana e socialmente, respectuosas e valedoras da diversidade como ben de primeira magnitude, digno de promoción e protección. As recomendacións deste Comité referidas a mulleres e nenas con discapacidade, grupo maioritario dentro das persoas con discapacidade e máis exposto á violación estrutural e sistemática dos seus dereitos, son particularmente exixibles e urxentes, polo que deben constituír obxectivo preferente tanto das políticas públicas de igualdade como das de discapacidade. Deixamos o link da entrevista realizada a presidenta da Federación co motivo da celebración des Dia Nacional das Persoas con Discapacidade: https://https://www.youtube.com/watch?v=vscenqVwyIY&feature=youtu.be&fbclid=IwAR0Dyby5BcTPB9BxynEltebGyH86ZcBoGyYJXS6h-MelCZahaQ_wsEXdTjE

E tamén a imaxe das persoas que no día de hoxe estiveron no centro de Ourense dando a coñecer a realidade do noso colectivo.

Undefined