Remata o Proxecto Atención Multidisciplinar a PCD de Ourense

Image: 
Body: 

Procedentes da convocatoria de subvencións da Xunta de Galicia a través dos fondos do 0,7% do IRPF da declaración da renda, das persoas contribuíntes que marcaron o cadro de “Actividades de interese Xeral consideradas de interese social”, a Federación levou a cabo no 2018 o Proxecto Atención Multidisciplinar a Persoas con Discapacidade de Ourense, financiado con 15700€. Entre as actividades que se desenvolveron está a atención social a persoas con discapacidade e as súas familias, apoio coa cesión de axudas técnicas, servizos de rehabilitación logopédica e traballo por dinamizar a vida asociativa na zona rural da provincia. Todas as actividades traballan para fomentar a autonomía persoal das persoas ofrecendo ferramentas que permitan tamén a súa participación social. Atendéronse a mais de 100 persoas en toda a provincia.

Undefined