Premio Domingo Dosil de Cogami para Manuel Novoa

Image: 
Body: 

Manuel Novoa, tesoureiro de Discafis-Cogami recibiu o Premio Domingo Dosil de Cogami a toda a súa traxectoria persoal no movemento asociativo.

Socio dende hai décadas da asociaicón Aixiña, estivo na xunta directiva de Cogami e agora é o tesoureiro de Discafis-Cogami, dende onde traballa de forma desinteresada polo cambio que facilite qeu as persoas con discapacidade poidan ter unha vida o mais normalizada posible.

Tamén estivo no equipo de Boccia participando en diferentes competicións nacionais.

Outros dos premiados foron o grupo de restauración Ruta Jacobea así como os programas da Obra Social La Caixa os cales apoian en diferentes puntos de Galicia as actividades das entidades sen ánimo de lucro como esta Federacón.

Dende a Federación queremos agradecer o traballo realizado e felicitalo por este premio

Undefined