REMATA O PROXECTO "DISFRUTAO, LECER ADAPTADO PARA PCD"

Image: 
Body: 

O pasado mes de abril tivo lugar a última actividade de lecer adaptado para persoas con mobilidade reducida, dentro do proxecto "Disfrútao, actividades de lecer para PCD", levado a cabo dende xuño de 2016 a ta finais de abril de 2017, gracias a colaboración de Fundación Mapfre, e no que participaron mais de 50 persoas.

O proxecto, orientado sobre todo a actividades de lecer para persoas que viven nas zonas do rural, tivo varias saidas culturais, como a Lugo, entroido de Xinzo de Limia ou as Médulas. Pero tamén actividades nas propias entidades ou a participación dentro do Proxecto Gavea de Cogami. Todas elas para favorecer a participación en actividades adaptadas, romper o aillamento das persoas que viven no rural e posibilitar coñecer lugares fora da súa comarca.

Undefined
Tags: 
imaxe2: 
imaxe3: