I Xornada Muller e Discapacidade

Image: 
Body: 

O pasado 30 de marzo tivo lugar a I Xornada Muller e Discapacidade organizado por Discafis-Cogami.

A xornada contou coa presenza de D. Antonio González Fernández, secretario da Facultade de Ciencias da Educación e Dna Juana Mª Tubío Ordoñez, vicepresidenta da Asociación de Mulleres con Discapacidade de Galicia (ACADAR) para a apertura da xornada.

Contamos coa participación de dúas técncios da asociación Acadar que deron a coñecer as problemáticas as que se enfrentan as mulleres con discapacidade os programas qeu levan a cabo para este colectivo na comunidade autónoma.

Dende o Servizo de Intermediación Laboral de Cogami a poñente expuxo os datos sobre o desemprego en mulleres on discapacidade na provincia así como os programas que dende este servizo levan a cabo, tanto na cidade de Ourense como programas específicos para a área rural da provincia

Finalmente unha muller con discapacidade expuxo a todos/as as asistentes a súa experiencia vital, e explicou algúns dos cadros da colección que fixo, "Muller e natureza", que estiveron expostos durante toda a xornada

Undefined
Tags: 
imaxe2: 
imaxe3: