A Federación
DISCAFIS-COGAMI (Federación de Asociacións de Persoas con Discapacidade de Ourense), é unha entidade sen ánimo de lucro, constituÃda no ano 1989, e declarada de utilidade pública, que ten como misión promover e coordinar a defensa dos dereitos das persoas con discapacidade de cara á súa plena integración a través de diferentes servizos para facilitar a súa inclusión na sociedade.
Para o logro da nosa misión desenvolvemos servizos que dan resposta as necesidades e expectativas das persoas con discapacidade, e traballamos en prol da dinamización do movemento asociativo.
Na busca da excelencia dos servizos prestados, DICAFIS-COGAMI, comezan o ano 2007 a implantación dun sistema de xestión da Calidade baseado nos seguintes principios: liderado, orientación aos principais grupos de interese da entidade, participación do persoal, xestión por procesos, enfoque de sistema para a xestión, mellora continua, enfoque baseado en feitos para a toma de decisións e relacións mutuamente beneficiosas cos principais provedores da entidade.
Na actualidade contamos co certificado segundo a ISO 9001:2008 que avala a metodoloxÃa de traballo establecidas na entidade.
Para ver os estatutos da Federación, prema no enlace que segue:
Â