SUBVENCIÓN DA DEPUTACIÓN DE OURENSE PARA DISCAFIS-COGAMI

A Deputación de Ourense resolveu a convocatoria de subvencións para proxectos de prestacións de servizos sociais deste ano 2016.

Unha vez mais, esta Federación contará co apoio da Deputación para o "Proxectos de Servizos Especializados" Con este proxecto pretendemos aportar ás persoas con discapacidade da provincia diferentes servizos e recursos que melloren o seu dia a día, e coa colaboración da deputación, lle daremos continuidade un ano mais a ditos servizos e actividades.

 

Undefined

PARTICIPACIÓN GAVEA 2016

Participamos no Programa Gavea 2016. Gracias a colaboración da Fundación Mapfre poidemos disfrutar dun paseo en barco pola zona de Ares vendo os fermosos pobos da zona costeira, bateas e unha boa compañía, cambiando por un día o calor ourensán pola agradable temperatura da costa galega.

Repetiremos!

Undefined

PARTICIPACIÓN NO CONSELLO MUNICIPAL DE SERVIZOS SOCIAIS DE OURENSE

A Federación participa na mesa de traballo do consello municipal de servizos sociais, onde persoal de servizos sociais do Concello de Ourense e membros de entidades do terceiro sector traballarán para facer unha guia de recursos sociais da cidade

Undefined

CHARLAS DE SENSIBILIZACIÓN E PREVENCIÓN LESIONS MEDULARES

voluntario de discafis-cogami durante a charla

Discafis-Cogami comezou onte as charlas de sensibilización e prevención de lesións medulares de 2016. Ofrecéronse dúas charlas a alumnos de 3º ESO do IES nº1 de Carballiño, onde se explicou que era a lesión medular e factores de risco que poden levar a unha lesión. Así mesmo, un voluntario da federación cunha lesión medular conta a súa experiencia e anima óso alumnos a ter un comportamento responsable para evitar accidentes que poidan levar a unha lesión medular.

Undefined

Orde do 25 de novembro de regulamento do proceso de recoñecemento do grao de discapacidade

Se publicou a Orde de 25 de novembro pola que se regula o procedemento para o recoñecemento, declaración e cualificación do grao de discapacidade, e a organización e funcionamento dos órganos técnicos competentes.

Tedes todo o documento no DOGA nº 236 de data de publicación 11 de dembro de 2015 www.xunta.es/diario-oficial-galicia

Undefined

Estratexia Galega sobre Discapacidade

Undefined

Acaba de publicarse a Estaratexia galega sobre a discapacidade 2015-2020 onde se desenvolverán mais de 400 actividades en diferetnes áreas para lograr a inclusión das persoas con discapacidade na sociedade galega. COnta con 6 liñas de traballo (accesibilidade, autonomía persoal, educación, formación e emprego, saúde e servizos sociais.

Podedes ver o documento en benestar.xunta.es

SUBVENCIÓN CONCELLO DE OURENSE

Undefined

O Concello de Ourense resolveu a convocatoria de subvención a entidades de iniciativa social 2015, e entre os beneficiarios atópase Discafis-Cogami.  O apoio desta subvención permitirá o desenvolvemento de diferentes actividades no concello de Ourense ó longo deste ano como servizos de atención sociosanitaria, sensibilización, accesibilidade ou apoio a entidades membro.

SUBVENCIÓN DEPUTACIÓN DE OURENSE

Undefined

A deputación de Ourense ven de resolver de forma definitiva a subvención para entidades prestadoras de Servicios Sociais. Este ano Discafis-Cogami ve apoiado o proxecto de préstamo de axudas técnicas o cal se reforzará coa compra de material para préstamo, e o proxecto de servicios especializados, destinado a actividades de rehabilitación.

AXUDAS REHABILITACIÓN VIVENDA

Undefined

Vos deixamos o enlace coas bases da subvención do Programa de Rehabilitación de vivenda. Entre outras cousas entran os gastos para fomentar a accesibilidade nos edificios polo que pode ser do voso interese. O prazo estará aberto ata agotar o crédito dispoñible.

 

http://www.xunta.es/dog/Publicados/2015/20150721/AnuncioCA02-140715-0013...

Paseo por Viveiro no Laion

Este domingo 12 de xullo visitamos Viveiro para poder disfrutar do Proxecto Gavea 2015 que organiza Cogami. Disfrutamos da paisaxe de Viveiro, da boa compañia e o trato exquisito da tripulación, e duha temperatura algo mais agradable que a de Ourense!! Ven se ve que non quedaron ganas de repetir!!!

Undefined

Páxinas