A Deputación de Ourense concede subvención para servizos sociais

Un ano mais, a Deputación de Ourense colabora coas entidades sen ánimo de lucro prestadoras de servizos sociais da provincia, entre elas esta Federación.

Neste ano dificil o apoio da Deputación permite manter activos os servizos presenciais e telemático que se prestan as persoas con discapaciade co obxectivos de manter a súa calidade de vida e autonomía. Asi mesmo este ano fixeronse traballos para adaptarnos a nova situación da forma mais segura posible.

Undefined

SEMANA EUROPEA DA MOBILIDADE

Esta semana é a Semana Europea da mobilidade. Este ano co lema "Por unha mobilidae segura, accesible, sen emisións"

Cocemfe e as entidades que formamos parte desa entidade participamos, este ano de forma dixital, dando a coñecer a aplicación Accesibilidapp que elaborou Cocemfe xunto coa Fundación Vodafone e onde as persoas poden participar dende os sus teléfonos móbiles, denunciando as barrerias que se atopan.

Undefined

Apoio de Fundación Mapfre ao Servizo de logopedia

A Fundación Mapfre concedeu unha axuda a Discafis-Cogami para o periodo 2020-2021 que cofinanciacrá o servizo de logopedia da Federación.

Este servizo traballa en mellorar aspectos da deglución e comunicación das persoas con discapacidade que se ven afectados coa evolución da enfermidade. Alcanzará a mais de 20 persoas con sesións periódicas semanais e un plan de traballo individual.

 

Undefined

O Concello de Ourense dona mascarillas

O Concello de Ourense a través da Concelleria de Asuntos sociais donou mascarillas para a Federacióne as súas entidades membro e colaboradores.

Con elo tanto persoas asociadas como  traballadores das entidades terán medidas de seguridade no seudia a dia e na volta as terapias e actividades quese poidan ofrecen dende asociacións.

Algunhas das entidades que reciben estas mascarillas ademais da propia federación  son: Aixiña, Aodem Ourense,Affou, Renacer Ourense

Undefined

APOIO DO CONCELLO DE OURENSE

O Concello de Ourense resolveu a subvención para asociacións sen ánimo de lucro en materia de asuntos sociais.

Discafis-Cogami tivo para o proxento presentado e levado a cabo durante este 2019 14.764,79€. Esta cantidade destinase a cubrir os custes de parte dos servizos de logopedia, traballo social e transporte adaptado que compoñen a atención multidisciplinar do proxecto.

Undefined

Apoio da Deputación de Ourense a actividade da Federación

A Deputación de Ourense resolveu a "Convocatoria de subvencións a asociacións e fundacións para proxectos de servizos sociales para o ano 2019".

Esta Federación contou co apoio da Deputación grazas ao cal se  prestaron servizos multidisciplinares para a prestacións de servizos sociosanitarios e de transporte adaptado para persoas con discapacidade, facilitando así a mellora da súa calidade de vida.

Undefined

PARTICIPACION SEMANA MOBILIDADE

O pasado 18 de setembro a Federación, xunto con Cogami e Aixiña participaron na semana da mobilidade organizada polo Concello de Ourense.

A través dunha xornada de sensibilización con escolares de diferentes centros, levouse a realidade do dia a dia das persoas con discapacidade, especielametne aquelas que son usuarias de cadeira de rodas. Os particiapntes pudieron comprobar algunhas das barreiras qeu hai no centro da cidade así como facer un circuito con diferentes barreiras.

Undefined

DIA NACIONAL DAS PERSOAS CON DISCAPACIDADE

O pasado 22 de febreiro, o Consello de Ministros do Goberno de España, acollendo unha proposta do CERMI Estatal, declaraba oficialmente a xornada do 3 de maio de cada ano como Día Nacional en España da Convención Internacional sobre os Dereitos da Persoas con Discapacidade de 2006. Esta Convención é o tratado internacional que promove, protexe e asegura os dereitos humanos das persoas discapacidade en todo o mundo.

Undefined

CAMPAÑA X SOLIDARIO NA DECLARACIÓN DA RENTA

Comeza a campaña da declaración da renta e con ela as entidades do terceiro sectos fixemos o pasado dia 3 de abril un acto para chamar a atención sobre a importancia de marcar na declaración o X na casiña de fins sociais.

Grazas a este recadro no 2018 recadáronse en Galicia 16 millons de euros destinados a diferentes proxectos que traballan pro mellorar a calidade de vida das persoas en risco de exclusión por diferetnes motivos.

Undefined

Páginas